mércores, 27 de agosto de 2014

VIKINGOS NA GALIZA


Fai xa unhas semanas, El Progreso informaba de que investigadores de Aberdeen estudan os restos da presenza viquinga na zona da Mariña.

Un equipo de investigadores da Universidade de Aberdeen, en Escocia instalouse na comarca para estudar os restos do paso dos vinkingos por esta zona. Segundo explicou Irene García Losquiño, a investigadora que está a desenvolver un proxecto sobre a presenza dos viquingos na península Ibérica, non esperaban atopar tantos vestixios: «Contabamos con atopar algo, pero non tanto, ademais non hai constancia a nivel internacional e nacional da cantidade de restos que hai aquí».

Xa fai uns meses El País recollia o achado de restos vikingos que a marea deixou ao descuberto na praia de San Román no Vicedo, concretamente no sitio arqueolóxico dos Moutillós, na Mariña Lucense. Atopáronse enorme pedras que fan pensar en tamén grandes embarcacións. Usarian estas pedras, de até 200 Kg de peso para manter estable a embarcación no percorrido por alta mar, cando ian sen carga, e das que se desfarian ao chegar a terra xa que o espazo ocupado polas pedras sería substituido por outro tipo de mercadorias. Ademais cabe destacar a multiple presenza de topónimos de orixe nórdico que hai na zona como pode ser o propio "Moutillós" (Mout-illós), unha variante de "Mota", ou "Mouta" en galego.



Pretendian facer de Galiza unha segunda Normandía para logo espallarse pola Península, de feito chegaron a rebautizar con palabras escandinavas diversos lugares da nosa xeografía. A primeira noticia da chegada de vikingos as costas galegas data do 844, chegaron uns 150 barcos e saquearon algunhas aldeas do norte e foron rexeitados por Ramiro I de Asturias na costa da Coruña. As viaxes sudedéronse até a invasión do 1014, da que se cumpren mil anos, unha das últimas e máis importantes na que os normandos asolaron Tui e chegaron a Ourense polo Miño.

Hoxe discútese si en realidade os Moutillós é un asentamento normando, ou se as intencións que tiñan eran as de saquear, conclusión que pode sacarse por ese viaxe de embarcaións con pedras e logo con mercadorias, especialmente o ouro, de feito en textos nórdicos da idade Media e significativa a presenza da expresión: “Non quixera eu iso nin por todo o ouro da Galiza”.



Estamos ante o que sería o único asentamento destas características na Península, e que a día de hoxe segue sen protección.

Ningún comentario:

Publicar un comentario